En Galicia Hoxe

June 27, 2005

Duascentas persoas maniféstanse na Alameda de Santiago a prol do voto progresista

Algo menos de duascentas persoas reuníronse onte na Alameda compostelá para celebrar “o voto progresista” nas eleccións galegas, en resposta á convocatoria que os propios cidadáns fixeron a través de varias páxinas de Internet.

A intención inicial era formar unha cadea hunana que unise as estatuas de Castelao (na mesma Alameda) e de Pablo Iglesias (en Vite), pero unha afluencia de xente menor da esperada fixo que se transformase nunha manifestación que recorreu a distancia entre os dous monumentos.
“Foi unha iniciativa cidadá para celebrar o resultado electoral e a unión desas dúas correntes históricas –o PSdeG e o BNG– da esquerda”, comentou o escritor galego Suso de Toro, participante na marcha. Óscar Sánchez, un dos promotores, quixo deixar claro que non tiñan a intención de negar o dereito ó voto dos emigrantes, senón pedir que o realicen coas mesma garantías que o resto dos galegos.

Galicia Hoxe

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://cadeahumana.blogsome.com/2005/06/27/en-galicia-hoxe/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>