A nova en Vieiros

June 27, 2005

A rede une simbolicamente Castelao con Pablo Iglesias

[26/06/2005 21:26] A cadea cívica convocada a través da rede e dos móbiles para reclamar a vitoria electoral das forzas de progreso nas eleccións do domingo 19 conseguiu reunir unhas 400 persoas. A cadea percorreu a cidade de Compostela entre os monumentos de Castelao (Alameda) e Pablo Iglesias (Vite), e pousou un exemplar de Sempre en Galiza aos pés do fundador do PSOE.

A convocatoria marcárase tres obxectivos: reivindicar a vitoria electoral de PSdeG e BNG por máis de 100.000 votos, protestar pola situación de “indefensión” que causa o reconto do voto emigrante “emitido en circunstancias de dubidosa legalidade”, e animar os partidos socialista e nacionalista a que inicien conversas para chegar a un “bo e rápido acordo de goberno”.

A cadea cívica foi formulada como ‘apartidaria’ polos primeiros convocantes e de feito entre os asistentes non abondaron representantes das formacións socialista e nacionalista. Si estaban, porén, o escritor Suso de Toro ou o lingüista Antón Santamarina. As consignas, de marcado propósito festeiro, fixeron alusións á vitoria entre o voto residente de socialistas e nacionalistas (o voto emigrante non é o importante) e ao posíbel novo gabinete (PP á oposición, adiante coalición). Ao remate do acto convidouse os asistentes a “expresar nas rúas a alegría” cando o luns á noite finalice o reconto do voto do CERA.

Vierios

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://cadeahumana.blogsome.com/2005/06/27/a-nova-en-vieiros/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>