Pobreza cero

June 24, 2005

Centos de organizaciones non gubernamentais españolas uníronse na campaña ‘Pobreza Cero’ lanzada pola Coordinadora de ONGD para pedir aos líderes mundiais que cumplan dunha vez as súas promesas sobre acabar coa pobreza. Esta iniciativa enmárcase dentro da Chamada Mundial á Acción contra a Pobreza, que este ano 2005 movilizará a millóns de persoas en todo o mundo.

O próximo domingo 26 de xuño será un día importante. O chamamento mundial de Acción contra a pobreza convocou una gran manifestación contra a pobreza que se realizará simultáneamente con outros actos organizados xunto a un centenar de países a poucos días de que empece en Edimburgo (Escocia) o cumio do G-8, que reúne aos países máis ricos do planeta.

En Compostela está convocada unha concentración na Praza do Toural a partir das once da mañá. A leitura do manifesto terá lugar ao mediodía or parte da actriz Mónica Díaz, membro de Burla Negra.

A cadea humana empeza ás 13 horas na Alameda, así que como vedes os dous actos son perfectamente compatíbeis.